Sectores dinámicos

Especialmente ao principio, o modelo urbano xerou medos comprensibles en determinadas persoas, que se foron convencendo progresivamente ao ver que a cidade funcionaba mellor ca antes. Pero tamén foron moitas as persoas e sectores sociais que apoiaron este proceso dende o principio, facéndoo posible.

Asembleas, reunións

As asociacións de veciños, federacións, entidades empresariais, consellos parroquiais e a veciñanza conforman unha estrutura participativa moi áxil para deseñar eficientemente cada proxecto de transformación.

Cada rúa é única

Os cambios na praza de Barcelos son un exemplo representativo de participación. Os nenos e nenas dunha clase de 5º curso de primaria do colexio pediron un espazo seguro para saír ao recreo, xa que a escola non dispoñía de patio de xogos. Pais, nais, profesores e técnicos do Concello, conguraron as liñas básicas do proxecto que se realizou e cuxos resultados son máis que aparentes.