A cidade integradora. Ese foi un dos principais obxectivos da reforma urbana, que está prácticamente conseguido en todo o espazo público da Pontevedra urbana. Partindo dun enfoque global, a accesibilidade para facilitar unha vida independente a todas e todos foi sendo un eixo fundamental de toda a transformación.

Se a obra sen barreiras serve para quen máis dificultades ten para camiñar (persoas usuarias de cadeiras de rodas, persoas de máis idade, mamis ou papis con carriños de bebés, etc), tamén serve para todos os demáis, que entre rampas e escaleiras adoitan utilizar as rampas.

Probando as obras

Na primeira fase da reforma urbana, cando os técnicos aínda non estaban moi familiarizados coas características destas obras, eran os membros da asociación Amizade quen probaban o resultado antes de recibilas como aptas. Así, as rampas, plataformas únicas, etc, que facilitan a vida a tanta xente, teñen unha resolución moi acaída.

accesibilidade-02

Alumado

Ademáis da propia configuración da rúa ou praza, ten unha importancia básica o alumado público, pensando especialmente nas persoas maiores o nas que teñen algún tipo de dificultade visual. O alumado foi potenciado en toda a cidade, tanto nos espazos estrictamente peonís como nos de utilización mixta. Nalgúns puntos, reforzáronse as intensidade de luz en pasos de peóns.

Sendas accesibles

A cidade é o epicentro de varias sendas accesibles para todo o que teña ou desexe valerse dunhas rodas para desprazarse. Todas as que parten da capital, agás a do río dos Gafos, son operativas con rodas. Tantos os parques do Miradoiro e a Alameda, como a Senda do Lérez e as sendas que compoñen o conxunto hídrico da Xunqueira de Alba poden facerse en boas condicións de accesibilidade. Así mesmo, todo o paseo litoral entre a cidade e o río (eixo Bos Aires – Uruguai – Corbaceiras – Av. de Marín) pode facerse con estes medios.