A redución do tráfico a motor ven sendo patente desde que comezou a reorganización integral da cidade, en 1999 coas primeiras peonalizacións.

Ao circular menos coches, van máis lixeiros (aumenta a velocidade media), polo que o tempo que tardan en chegar ao seu destino é máis curto.

Un estudo realizado en 2014, comparou as estimacións de consumo de combustíbel ese ano coas rexistradas en 1996 (cando se realizara un estudo global do tráfico a motor na cidade). O resultado foi que a porcentaxe de aforro no conxunto da cidade acadou o 64,8%, e ascendía ao 87,6% no centro.

Media tm por habitante

Traducido ese aforro enerxético, cada cidadán de Pontevedra reduciu as súas emisións en 464,5 kg cada ano, o que supón máis de 1,25 kg diario, unha boa colaboración na loita contra o cambio climático.

Menos coches, más rápido, máis barato

Dos coches que en 1999 entraban na cidade, o 83% dirixíase ao centro. Hoxe só o 9%. Eses coches tardaban de media 36 minutos en parar, e hoxe tardan só 17 minutos.

E dos 52.000 que cada día se puñan en marcha dentro da cidade para un desprazamento interior, hoxe só o fan 17.000. Antes, estes vehículos tardaban uns 18 minutos en parar de media, e hoxe só 7.