Este é un modelo que ofrece ao mundo unha serie de interesantes beneficios para a vida das persoas, no sentido do que se ven en chamar calidade urbana.

Maior calidade do aire

Mellora continua, cumprindo en 2013 os parámetros máis esixentes, os da Organización Mundial da Saúde.

Máis mobilidade saudable

As viaxes a pé ou en bici aumentan na cidade, chegando ao 67% a pé e ao 5% en bicicleta.

Menos tráfico a motor

Entre 1996 e 2014 o tráfico na cidade diminuíu un 30,10%, e un 70% no centro.

Menor consumo de combustible

Redución dun 66% na cidade e un 88% no centro, como consecuencia da diminución do tráfico e nas retencións.

Menor emisión de CO2

Redución nas emisións de ata 500 kg de CO2 por persoa e ano.

Menos suburbanización

Revertiuse este fenómeno e a cidade aumentou a súa poboación un 33% entre 1999 e 2014, nun contexto demográfico recesivo.

Menos sancións

Coa velocidade máxima de 30 km/h, case desapareceron as sancións de tráfico relacionadas co exceso de velocidade.

Máis escolares andando

O 81% dos nenos entre 7 e 12 anos van camiñando ao colexio, máis da metade sos. Os nenos camiñan e xogan sos pola cidade.

Máis biodiversidade

Unhas 223 especies diferentes de árbores. Nos ríos hai lontras e macroinvertebrados, indicativos da boa calidade ambiental.

Menos ruído

Os sons dominantes na cidade son os dos nenos e os paxaros, cunha moi alta sensación de silencio.

Máis pluralidade de usos

A mestura de usos é total na vida cotiá, con fitos como cortar grande parte da cidade para a celebración de probas deportivas.

Máis seguridade viaria

Na cidade continua e compacta, ningún morto dende o ano 2001. Mentres que houbo 69 atropelos en 1998, só foron 4 en 2013, de consecuencias moito menos graves.

Máis accesibilidade

Máis do 90% dos espazos públicos urbanos son accesibles.

Maior identificación

Aumentou a identificación dos residentes coa súa cidade. O respecto das normas de convivencia mellorou moito.

Máis veladores

Os veladores ao aire libre multiplicáronse por 6 neste período.

Máis vida na rúa

Rúas cheas de persoas de todos os sectores e con diferentes intereses.

Máis comercio de proximidade

O Centro Comercial Urbano ao aire libre proporciona comercios de todo tipo nas rúas históricas.

Menos conflitos

Supresión da inmensa maioría das zonas de competencia entre peóns e automóbiles.