Un modelo que ofrece ao mundo unha serie de interesantes beneficios para a vida das persoas, no sentido do que se ven en chamar calidade urbana.

Andrés Muruais

A rúa Andrés Muruais comunica a parte central co barrio de Campolongo. Pasaban case 5.000 coches ao día. Hoxe permítese o tráfico a motor. Só un carril de circulación e outro de estacionamento para gozar de beirarrúas polas que circular con dignidade.

Cobian Roffignac

Por Cobián Roffignac baixaban 4.300 coches e subían 6.800. En total máis de 11.000 vehículos que acantoaban aos peóns. Hoxe, a rúa ten plataforma única e un tráfico calmado e moi reducido. Ten bolardos protectores dos espazos peonís.

Praza de Compostela

Na praza de Compostela confluían varias importantes rúas, como a Av. de Vigo e os tráficos procedentes do norte. Pasaban 15.200 vehículos cada día en dirección sur. Beirarrúas estreitas e moito estacionamento. Hoxe é un espazo desafogado para todas e todos.

Rúa Riestra

Pola rúa Riestra pasaban 18.900 vehículos, unha das máis “rodadas”. Hoxe forma parte do espazo peonil central. Plataforma única e un comercio florecente, mesmo ao lado da Praza do Concello, que se beneficia da prioridade á mobilidade natural.

Praza Curros Enríquez

Praza de Curros Enríquez, en pleno centro histórico. Antes da reforma pasaban uns 7.000 vehículos diarios. Era un estacionamento permanente. Hoxe está a disposición da cidadanía, especialmente das nenas e nenos que xogan nela cada día.

Gutierrez Mellado

Rúa Gutiérrez Mellado. Polo que hoxe é un bulevar que continúa o Paseo das Palmeiras cara ao centro histórico, antes pasaban 5.500 vehículos ao día, moitos deles autobuses, pois era a sede dunha activa empresa de transporte de viaxeiros.

Praza da Verdura

A praza da Verdura, hoxe centro dunha intensa vida pública cunha grande actividade hosteleira. Estaba “defendida” dos coches que a circundaban por unha calzada a distinto nivel. O espazo central quedaba moi reducido.

Rúa Michelena

Rúa Michelena. Beirarrúas mínimas, dous carrís de circulación e un de estacionamento. Por aquí, antes da reforma, pasaban máis de 12.000 coches cada día. Hoxe é un dos principais eixos comerciais e administrativos da capital.

E ademais…

Na praza de España confluían os 12.200 coches de Michelena cos 10.400 da Alameda, así como os 2.100 que subían de Arcebispo Malvar.

Outras rúas tamén experimentaron unha importante diminución do tránsito a motor. Estes son algúns exemplos. A primeira cifra indica os coches que circulaban en 1997 e a segunda os que circulan en 2016.

  • Av. Compostela 28.100 / 8.700
  • Av. Marín 28.000 / 15.200
  • Paseo de Colón 22.800 / 10.500
  • Daniel de la Sota 21.200 / 2.000
  • Benito Corbal 20.600 / 4.500
  • Uruguai 18.000 / 8.600
  • Xoaquín Costa 17.600 / 4.900
  • Av. Vigo 17.600 / 4.400
  • Loureiro Crespo 17.500 / 14.000
  • Raíña Victoria 17.200 / 13.000
  • Fernández Ladreda 16.800 / 10.000
  • Andrés Mellado 14.200 / 3.200
  • Bos Aires 12.900 / 10.200
  • Manuel del Palacio 12.000 / 10.200
  • Echegaray 11.200 / 8.400
  • Av. da Coruña 9.700 / 4.500
  • Xosé Malvar 9.100 / 11.700
  • Eduardo Pondal 6.600 / 5.000
  • S. Antoniño 6.500 / 6.100