Un modelo admirado

Premios e recoñecementos que posicionan Pontevedra no mundo e a toman como exemplo de cidade contemporánea.

ONU Hábitat

Nairobi-Dubai 2014

A un modelo urbano transferible, pensado para as persoas. Houbo 4.500 candidaturas recibidas de 195 países, das que 406 chegaron á primeira selección en Nairobi. A Dubai chegaron 50, das que elexiron 6 como mellores prácticas en todo o mundo para mellorar a calidade de vida das persoas.

Center for Active Design

New York, 2015

Un instituto relacionado coa Fundación Bloomberg Philantropies, dedicado a fomentar o deseño urbano sauábel: loitar contra o sedentarismo e conseguir espazos integrais máis saudabeis e sustentábeis, que toma como exemplo a Pontevedra para a xestión sustentábel das cidades.

REDES SOCIAIS

9,944FansGóstame
1,254SeguidoresSeguir
168SuscriptoresSuscríbete

Intermodes

Bruxelas, 2013

Á intermodalidade con base peonil. Recoñecer que camiñar é tamén un medio de transporte foi o mérito que veu este instituto que colabora coa UE en materia de transporte intermodal. Tras comprobar que ninguén daba demasiada importancia a desprazarse a pé, viron que a nosa cidade era un exemplo interesante.

Cidades que camiñan

Torres Vedras. 2015

Premio deste grupo de cidades e provincias da península ibérica que promoven a mobilidade a pé, e que otorgaron este premio polos grandes avances que Pontevedra presenta neste eido.

Cidade de Pedra

O Porriño. 2006

O primeiro recoñecemento que se otorgou á cidade veu da Asociación de graniteiros de Galiza, que se xaron na reforma urbana pontevedresa pola maxistral utilización do granito para a restauración e a revitalización do espazo público.

CERMI

Madrid. 2007

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade agrupa a todas as entidades territoriais do Estado relacionadas con todas aquelas dicultades de accesibilidade. O premio a Pontevedra foi polo enorme esforzo realizado no espazo público.

Paneis-TEU-PONTEVEDRA-642

Pontevedra estivo presente no Cumio do Clima de París, con alcaldes de todo o mundo que se auto-impuxeron a obriga de reducir as emisións de gases nocivos.

Paneis-TEU-PONTEVEDRA-643
Paneis-TEU-PONTEVEDRA-641
Paneis-TEU-PONTEVEDRA-645

Mobilidade intelixente

Hong-Kong, 2015

Premio eurochina á mobilidade urbana intelixente, outorgado pola asociación francesa Prospective et Innovation, para distinguir ás iniciativas urbanas de mobilidade intelixente. Pontevedra foi premiada na categoría de Deseño urbano / planicación Urbana, dedicada a experiencias de novas cidades, eco-distritos e zonas de baixas emisións contaminantes.

Seguridade viaria

Córdoba, 2011

O encontro Cidades pola seguridade viaria, celebrado en Córdoba en febreiro de 2011, baixo os auspicios da DGT e as entidades de tráco de Catalunya e Euzkadi, ademáis da Federación Española de Municipios e Provincias. Otorgou o premio do encontro a Pontevedra pola mobilidade sustentábel e o desecenso da violencia viaria, xa que foi a mellor actuación urbana en materia de seguridade viaria.

Nacional da Cultura Galega

Santiago, 2008

Instituídos pola Xunta de Galiza, outorgaron o seu primeiro galardón á experiencia pontevedresa de reforma urbana, especialmente referida á revitalización do Centro Histórico e a súa restauración integral, nun modelo de cidade activo e de futuro

Fesvial

Madrid. 2010

Unha organización que vela pola seguranza viaria e da que forman parte desde entidades aseguradoras e académicas até organismos do estado e a seguridade viaria. As baixas cifras de sinistralidade rexistradas en Pontevedra xéronnos merecedores desta distinción.

Difundir a experiencia

Son numerosísimas as demandas de participación en congresos e reunións sobre os máis variados temas da xestión urbana, tanto a nivel galego como peninsular e europeo en materias como a mobilidade urbana, a seguridade viaria, o modelo urbano, a accesibilidade, a mobilidade infantil ou a reforma urbana.

Nos últimos anos, a participación de Pontevedra en eventos relacionados coa mobilidade foi intensa. Eis unha relación dos
máis importantes, donde participamos expoñendo o modelo de cidade:

  • Lisboa. Encontro pola accesibilidade urbana promovido polo Goberno Portugués
  • Xixón. I Encontro de Cidades pola seguridade viaria
  • Aveiro. Congreso Cidade e accesibilidade
  • Córdoba. II Encontro de cidades pola seguridade viaria
  • Múnich. Walk 21. Cidade convidada a asinar a Carta das cidades que camiñan
  • Roma. Encontro sobre cidade e infancia do Istituto di Sicienze e Tecnologie della Cognizione
  • Sevilla. I Congreso Cidades que Camiñan
  • Munich. Participación no Walk21, un dos máis importantes encontros sobre mobilidade alternativa do mundo
  • Madrid. Congreso sobre seguridade viaria e smart citys da DGT
  • Florencia. ECONN. O principal congreso técnico europeo sobre mobilidade
  • Torrevieja. III Encontro de cidades pola seguridade viaria
  • Almada. Encontro de Cidades Educadoras
  • Torres Vedras. Encontro da Rede de Cidades que Camiñan

Cidades como Jaca, Barcelona, Donostia, Segovia, Porto, Guimarães, Bilbao, Puerto del Rosario, Valladolid, Donostia, etc. achegáronse ao modelo pontevedrés como obxecto de estudio ou valoración para aplicalo en todo ou en parte nas súas respectivas cidades.

Outras moitas achegáronse a Pontevedra a coñecer o modelo, entre elas moitas portuguesas, como Guimarães ou Torres Vedras, entre outras. Tamén delegacións de Santiago, Ferrol, Carballo, Puerto del Rosario, os representantes de Intermodes, a DGT, o Grupo de Mobilidade Infantil do Centro Nacional de Educación Ambiental de Valsaín (Segovia), etc.

Libro Pons

Un libro da Fundación Pons, especializada en mobilidade responsábel, elexiu Pontevedra para editar o seu primeiro volume.

Pídeo á editorial ou na túa librería.

Paneis-TEU-PONTEVEDRA-640
Paneis-TEU-PONTEVEDRA-637