Hong-Kong-8_Concello-Pontevedra

Que é o Premio Euro-China á Mobilidade Intelixente?

Trátase dun premio concedido pola Fondation Prospective et Innovation (francesa) que distingue, entre outras, experiencias exitosas de mobilidade sustentable nas cidades, particularmente aquelas que contribúan a mellorar a calidade de vida urbana e das persoas.

A candidatura de Pontevedra

O modelo de cidade que botou a andar co comezo do século explica o premio. Unha transformación deseñada polo goberno local co fin de recuperar os espazos públicos para as persoas, o que implica a “desautoxicación”, isto é, permitir só os tráficos necesarios, e unha aposta pola mobilidade peonil. O fomento da autonomía persoal (de nenos, maiores, persoas con mobilidade reducida, con discapacidade), o aumento da seguridade viaria, a promoción dun estilo de vida saudable e a redución da contaminación do aire e acústica son consecuencias directas do modelo urbano pontevedrés.

Premio outorgado a Pontevedra

A cidade foi premiada na categoría de Deseño Urbano / Planificación Urbana, centrada nas experiencias de novas cidades, eco-distritos e zonas de baixas emisións contaminantes.

Que é a Fondation Prospective et Innovation?

Prospective et Innovation é unha organización creada no ano 1989 por René Monroy, ex presidente do Senado francés e presidida hoxe por Jean-Pierre Raffarin, ex primeiro ministro galo e antigo presidente da Comisión de Asuntos Exteriores e Defensa do Senado. O seu obxectivo é promover o coñecemento sobre as transformacións que está a vivir o mundo contemporáneo co obxectivo de que empresarios e líderes de negocios, políticos e intelectuais teñan marcos de referencia actualizados para fomentar as relacións de Francia e de Europa coa China.