nacionalgalega

Os Premios Nacionais da Cultura Galega

Instituídos pola Xunta de Galicia en 2008, outorgaron o seu primeiro galardón á experiencia pontevedresa de reforma urbana, especialmente referida á revitalización do Centro Histórico.

...

Acto de celebración coa cidadanía

Para compartilo coa cidadanía, celebrouse no Auditorio Caixanova un acto público no que participaron numerosos veciños e veciñas, onde se repasaron os principais fitos que xustificaron este galardón.

Unha cidade de premio (publicación)

Co gallo da concesión deste Premio Nacional da Cultura Galega, o Concello editou unha publicación de gran formato na que se recolle o antes e o despois dos principais chanzos da reforma urbana.