En 2009 aprobouse unha ordenanza municipal de uso dos espazos públicos que contiña importantes directrices para o funcionamento acaído da capital. Estes son algúns dos conceptos que desenvolve:

  • A mobilidade motorizada individual e colectiva efecturarase de xeito que se disminúa o impacto sobre a colectividade e se faga compatible cos demáis usos do espazo público
  • As políticas municipais estarán guiadas por estes obxectivos:
    • Eliminar ou minorar os problemas de seguridade viaria, reducir ao máximo os ruídos e molestias, e compatibilizar a actividade residencial e de uso e goce dos espazos públicos.
  • Algunhas medidas eficaces serán as seguintes:
    • Reducir a velocidade ate 30 km/h
    • Eliminar o tráfico pesado por zonas de alta densidade residencial, desviándoo por outras vías
    • Eliminación do tráfico de paso por zonas de alta densidade residencial ou comercial
    • Declarar zonas de preferencia peonil, eliminando os tráficos non necesarios para o servizo da propia zona
    • Facilitar ao máximo os servizos motorizados necesarios para a actividade residencial e económica, disuadindo os usos de oportunidade ou comodidade
  • Usos necesarios para a actividade residencial e económica son os que permiten o funcionamento da cidade nas condicións esixidas pola sociedade actual (desprazamento a garaxes, desprazamentos necesarios en vehículos motorizados, carga e descarga de mercadorías, reparto a domicilio, mensaxería, carga e descarga de obxectos pesados en vehículo privado cando non exista garaxe propio, mudanzas e servizos a hoteis.