Unha cidade sana

As cidades son os ecoespazos máis utilizados polos seres humanos, polo que coidar o seu medio ambiente é importantísimo, xa que é co que estamos máis en contacto. Rúas sen demasiados dcoches significa rúas sen demasiados fumes e ruídos, con máis espazo libre para as persoas, con máis posibilidades de lecer. As rúas convírtense en foros sanos para o intercambio de experiencias, recuperando o concepto da cidade como lugar de encontro.

Sendas

O modelo complétase cunha ampla rede de sendas que aproveitan os preciosos valores naturais que nos arrodean. Vida natural a poucos minutos da cidade para gozar dos escenarios uviais e forestais tan xenerosos da nosa terra. Ademáis das tres que parten da capital (seguindo os ríos Lérez, Rons e Gafos) existen outras como o Pontillón do Castro, o Almofrei, Pontesampaio, A Fracha ou Salcedo.

REDES SOCIAIS

9,944FansGóstame
1,254SeguidoresSeguir
168SuscriptoresSuscríbete

Pasominuto

Un mapa de rotas que mide itinerarios en pasos, metros, minutos e calorías, para favorecer a saúde física da cidadanía e conseguir comportamentos activos e saudábeis para todas as idades.

Ruído

Os pontevedreses e pontevedresas non precisan medidores de ruído para experimentar a sensación máis agradábel: músicos de rúa, nenas e nenos e paxaros son os sons predominantes na maioría da cidade. Ogallá puidesen gozar deste privilexio na maioría das cidades.

Panel-10-4

Biodiversidade

Potenciar a biodiversidade e mitigar a abafante presenza das plantacións de eucaliptos axudannos a achegarnos a un medio natural máis sano. Un estudo cifrou en 223 as especies de árbores distintas na cidade.

Paneis-TEU-PONTEVEDRA-551_640x300

A edición de material divulgativo sobre o patrimonio natural, sobre parques, aves ou as distintas parroquias, forma tamén parte da dimensión educativa e cultural dun modelo integrador baseado no coñecemento e a autoestima.