Un modelo dinámico

Na actualidade está a ter lugar un profundo cambio que afecta a espazos centrais de especial impronta comercial, con importantes novidades que mellorarán a zona comprendida entre o Hospital Provincial e a praza da Peregrina.

Nas parroquias

A filosofía que se aplica no centro urbano está desenvolvéndose tamén nos núcleos parroquiais encabezados polos Consellos, onde cada un deles determina a conveniencia das actuación e as prioridades inversoras.

O calmado do tráfico a motor e a creación de núcleos de centralidade (centros culturais, parroquiais, instalacións deportivas, etc.) combínanse con plans abertos para promover a mobilidade natural en diversos lugares.

A longo prazo

Como será Pontevedra de aquí a unhas décadas? Hoxe concedeuse preeminencia ás iniciativas da sustentabilidade en moitas cidades que continúan entregadas aos coches. Agardamos que no futuro se siga defendendo a cidade compacta, ben equipada, con estándares de calidade elevados e, sobre todo, cunha ría libre de instalacións industriais inadecuadas para o medio ambiente.

Recuperar o espazo marítimo terrestre de Lourizán segue sendo o maior reto da cidade de Pontevedra.