Accesibilidade

Plataformas únicas e lombos son os principais recursos para mellorar a circulación das persoas con dificultades. E fundamental dispoñer de anchas beirarrúas ou rúas con poucos coches, para incrementar a facilidade de circulación. Todas e todos temos dereito a unha vida independente.

Os lombos teñen tamén unha diensión psicolóxica: cando o paso de peóns non ten lombo, é o peón o que “baixa” ao espazo do automóbil. En troques, cando hai un lombo, é o coche o que “invade” o nivel peonil.

Panel-07-2Panel-07-1_1600x1000px

10,836FansGóstame
1,492SeguidoresSeguir
185SuscriptoresSuscríbete

Seguridade

O alumeado público e resto do mobiliario son compoñentes dunhas boas condicións de seguridade, pois contribúen a crear espazos nos que se cumpre o obxectivo de que o espazo público (a rúa) sexa a continuación do privado (a casa de cada un).

Panel-07-6Tanta vida

Unha das razóns de que Pontevedra sexa unha cidade segura é a enorme vida que se fai na rúa. Tanto os desprazamentos das persoas (a pé ou en bici) como as terrazas de hostelaría e as múltiples actividades que teñen lugar nos espazos públicos axudan a manter un clima de seguridade. Atrás quedan os episodios de marxinalidade que enchían algunhas zonas do Centro Histórico

A importancia da festa

A programación festiva non é só para a xoldra e o ocio. Ten nun enorme componente económico para o sector servizos e a hostelaría. As festas e eventos estimulan o lecer e aumentan o atractivo da cidade para a xente de fóra.

Tamén o deporte ten unha enorme importancia como dinamizador socioeconómico e como estimulante persoal. Cultura física, espíritu sano e multiplicador de visitas, aproveitando as magníficas condicións de Pontevedra como escenario deportivo.

Cidade compacta

Conseguir que Pontevedra continúe a ser unha cidade compacta permitirá a xestión sustentábel do territorio. Un xeito de aforrar enerxía e de axudar a que o planeta se mova nunha dirección máis correcta e saudábel.