sviaria

O II Encontro de Cidades pola Seguridade Viaria

Un encontro celebrado en Córdoba en febreiro de 2011, baixo os auspicios da DGT e as entidades de tráfico de Catalunya e Euzkadi, ademáis da Federación Española de Municipios e Provincias.

Pontevedra tiña participado anteriormente cunha ponencia en Xixón sobre o modelo de cidade, no I encontro de cidades pola seguridade viaria, polo que foi invitada ao segundo encontro, na cidade andaluza.

Alí, sen necesidade de presentar candidatura algunha e para sorpresa da delegación pontevedresa, foille concedido á cidade o Premio do Encontro.

...

Acta do xurado

A concesión do Premio recóllese na páxina 33 do documento final de ponencias: “O xurado valorou os esforzos por impantar un modelo de mobilidade urbana máis sustentable e, en especial a participación dos distintos sectores e departamentos municipais neste proceso. Como resultado, conseguiuse un entorno urbano centrado no peón, que contribúe a reducir a accidentalidade e garantir que todos os cidadáns se despracen de xeito máis seguro e saudábel”.

Informe

...

Actas do encontro

A ponencia principal do ámbito 1 (peóns, seguridade e mobilidade) foi pronunciada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que falou da drástica redución da sinistralidade.

Informe

...

Videos Seguridade Viaria

Para compartir este premio coa cidadanía realizouse un acto no Museo de Pontevedra para o que se prepararon unha serie de videos que resumen os distintos aspectos do modelo de cidade que inciden na seguridade viaria.

...