onuhabitat

Que é ONU-Hábitat?

O programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos é unha axencia das Nacións Unidas con sede en Nairobi que ten o obxectivo de promover cidades e pobos social e ecolóxicamente sustentables. A axencia data de 1978, cando foi creada logo da Conferencia Hábitat I en Vancouver (Canadá).

A candidatura de Pontevedra

O Concello de Pontevedra elaborou unha candidatura en base aos preceptos esixidos na convocatoria deste premio internacional, que posteriormente se elevou ao comité español do premio, coordinado polo Ministerio de Fomento, onde as candidaturas son preseleccionadas para máis tarde elevarse ao xurado internacional de Dubai.

Candidatura de Pontevedra, premio ONU-Hábitat

Premios de 2014

Das 406 candidaturas recibidas de 95 países no ano 2014, Pontevedra foi a única candidatura europea premiada entre os 6 seleccionados como mellores prácticas en todo o mundo destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas.

Páxina web oficial dos candidatos

Enlaces de interese

O Premio Dubai

Durante a Conferencia das Nacións Unidas sobre boas prácticas de Dubai en 1995 convocouse este Premio de boas prácticas para mellorar as condicións de vida, dacordo coa Declaración de Dubai. En 1996, a Conferencia das Nacións Unidas sobre Asentamentos Humanos (Hábitat II) e a Asociación Mundial de Cidades e Autoridades Locais, celebradas en Istambul, ratificaron a Declaración de Dubai.

Dende entón, só na categoría institucional, téñense concedido un cento de premios en todo o mundo. O Estado español, con 9, é o país da ONU máis premiado, seguido de Brasil, Canadá, India e Arxentina (6), Kenia (4), México, EE. UU., Líbano e Palestina (3), e así ata un total de 58 países; entre eles Holanda, Alemaña, Portugal, Bulgaria e Austria como representantes europeos.

Presentación do premio

Enlaces de prensa