Consumo enerxético
O aforro enerxético é un dos grandes retos do planeta, ao que todos e todas debemos contribuír na medida das nosas posibilidades. Os sistemas de mobilidade sustentables teñen como obxectivo reducir o consumo de combustibles. As economías familiares tamén se benefician das apostas máis naturais.
Contaminación
A consecuencia da redución do consumo de combustibles nótase sobre todo nas peores consecuencias do abuso do coche: a contaminación por gases de efecto invernadoiro.
Neste momento está en fase de instalación a rede de medida da calidade do aire que, a través de sensores instalados en toda a cidade, certificará que vivimos nun núcleo urbano san e apacible.