Foro de convivencia
Pontevedra deixou de ser un espazo invadido polos coches. Hoxe é unha ecocidade, referente internacional da calidade urbana e a sustentabilidade. As rúas e prazas son espazos dinámicos que serven como punto de encontro, de celebración da vida urbana e como foco fundamental para o desenvolvemento da actividade económica.
Integradora
A cidade está ao servizo das persoas que máis dicultades teñen para moverse. Recuperar as súas prazas e rúas tamén axuda a conseguir a igualdade entre os cidadáns.
As cidades son espazos que compartimos todos e todas, escenarios de vidas diversas capaces de acoller múltiples expresións e actividades de calquera natureza.
Dinámica
A transformación do espazo urbano supuxo unha forte potenciación da economía de servizos a través de novas oportunidades para o ocio, a creatividade e a xestión de empresas revitalizadas, así como as que foron aparecendo nestes novos escenarios.