Unha cidade como Pontevedra atopou no feito de camiñar unha solución ao seu permanente problema de mobilidade. Hoxe é un escenario accesible, case sen barreira ningunha, económicamente dinámico, agradable para mercar, para o ocio, a hostelaría e o turismo, puntas de lanza da economía urbana, ademais da administración pública.
Metrominuto, mellor a pé
Unha das accións de comunicación máis difundidas sobre o modelo urbano é o mapa de distancias e tempos entre 28 puntos da cidade, que ten como finalidade desdramatizar o feito de camiñar. O mapa foi difundido pola Rede de Cidades que Camiñan e pola organización europea Intermodes, de xeito que moitas cidades crearon o seu propio Metrominuto sobre a base do modelo pontevedrés. Na actualidade está desenvolvéndose una aplicación para teléfonos móbiles.
Desautoxicada
Así se presenta a cidade. Liberada da presenza abusiva dos coches. Só no Centro Histórico “durmían” legal ou ilegalmente uns 500 coches, que deixaron libres espazos que hoxe gozan dunha economía comercial e de ocio florecente. O mesmo acontece no resto da cidade, con rúas comerciais peonís ou de coexistencia de tráficos naturais e a motor, ou con espazos rodados e outros peonís; sempre co colectivo (o espazo público) por riba do privado (o vehículo particular), que debe ocupar un lugar secundario.