Cidade da infancia
Un deseño urbano para combater o sedentarismo. As nenas e nenos deben ter alternativas próximas aos seus domicilios para xogar e expresarse con seguridade e sen a ameaza dos automóbiles.
Francesco Tonucci e o seu libro La città dei bambini tivo gran influencia na transformación da cidade nun espazo de experimentación e descubrimento para a infancia.
Camiño escolar
Un Camiño Escolar organizado pola Policía Local adaptado á nova Pontevedra, sen grandes perigos. Coa participación de toda a comunidade escolar. Con persoas maiores nos cruces para mitigar os posibles medos dalgúns pais e nais. Comerciantes que colaboran cos escolares en caso de necesidade. Unha gran maioría de alumnos que xa van camiñando ao cole, moitos deles sos.
Xogar na rúa
Experimentar co xogo directamente na cidade, explorar, coñecer as dimensións de Pontevedra como un gran escenario para a participación e a educación máis alá das aulas. Nenos e nenas convértense así en protagonistas dun espazo pensado para eles. Seguimos as ensinanzas de Tonucci: pensar a cidade en termos de infancia equivale a conseguir unha cidade mellor para todos.