O II Encontro de Cidades pola Seguridade Viaria

Un encontro celebrado en Córdoba en febreiro de 2011, baixo os auspicios da DXT e das entidades de tráfico de Cataluña e Euskadi, ademais da Federación Española de Municipios e Provincias.

Pontevedra tiña participado anteriormente cunha ponencia en Xixón sobre o modelo de cidade, no I Encontro de Cidades pola Seguridade Viaria, de modo que foi invitada de novo ao segundo encontro na cidade andaluza.

Alí, sen necesidade de presentar candidatura algunha e para sorpresa da delegación pontevedresa, foille concedido á cidade o Premio do Encontro.

Vídeos Seguridade Viaria

Para compartir este premio coa cidadanía, convocouse un acto no Museo de Pontevedra para o que se prepararon unha serie de vídeos onde se resumen os distintos aspectos do modelo de cidade, que inciden na seguridade viaria.

Acta do xurado

A concesión do premio queda recollida na páxina 33 do documento final de ponencias: O xurado valorou “os esforzos por implantar un modelo de mobilidade urbana máis sustentable e, en especial, a participación dos distintos sectores e departamentos municipais neste proceso. Como resultado, conseguiuse un entorno urbano centrado no peón, que contribúe a reducir a accidentalidade e a garantir que todos os cidadáns se poidan desprazar de xeito máis seguro e saudable”.

Informe

Actas do encontro

A ponencia principal do ámbito 1 (peóns, seguridade e mobilidade) foi pronunciada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que falou da drástica redución da sinistralidade.

Informe
Translate »