Que é o Cermi?

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) agrupa a todas as entidades territoriais do Estado relacionadas con este campo da integración social das persoas que teñen dificultades de mobilidade.

Segundo o xurado, no apartado de Mellor Acción Autonómica, debe outorgarse o galardón ao Concello de Pontevedra pola súa intención e acción continuadas de “converter a cidade galega nun espazo accesible, aberto e libre para todas as persoas”.

Por esta razón, o premio ten un significado especial, xa que está outorgado polos propios usuarios, que recoñecen o compromiso de Pontevedra en materia de accesibilidade. Naquel tempo, os avances foron paralelos a toda a reforma urbana, aínda que tamén se realizaban obras específicas en rúas que non eran obxecto dunha reforma profunda.

Acta do xurado

Premio

Pontevedra integradora

Co gallo da concesión do premio Cermi 2007, o Concello editou un folleto conmemorativo sobre a política de accesibilidade, titulado “Pontevedra Integradora”. Trátase dun políptico que inclúe un vídeo promocional e divulgativo.

Translate »